ovación

ovación

lat ovatĭōne

Plural: ovacións
  1. s f

    Manifestación clamorosa e alegre de consenso, de aprobación e de simpatía por parte dunha multitude de persoas.

  2. s f [HIST ]

    Honor tributado aos xenerais vitoriosos na antiga Roma, inferior ao triunfo.

Palabras veciñas

ouxa ov(i/o)- ova ovación ovacionar ovado -da ovado-