osteomalacía

osteomalacía

osteo- + -malacía

Plural: osteomalacías
s f [PAT ]

Amolecemento do tecido óseo provocado por unha deficiente calcificación da substancia ósea fundamental, que produce fraxilidade, flexibilidade e deformidade dos ósos e dores que se intensifican cos movementos. É debida á hipovitaminose D, ás perdas renais de calcio e á resistencia idiopática á vitamina D. OBS: A variedade infantil denomínase raquitismo.