osteolepiforme

osteolepiforme
Plural: osteolepiformes
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos osteolepiformes.

  2. s m [PALEONT ]

    Peixe fósil da orde dos osteolepiformes.

  3. s m pl [PALEONT ]

    Orde de peixes fósiles, da subclase dos crosopterixios, que presentan o corpo macizo e fusiforme, recuberto de escamas cicloides, que viviron durante o Devónico. Estes peixes deron lugar aos anfibios e aos celacantos.