orquestra

orquestra

lat orchestra gr ὀ ρχ ή στρα

Plural: orquestras
  1. s f
    1. Conxunto de instrumentos reunidos para realizar unha interpretación musical e que se dividen en catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e percusión.

    2. Conxunto de músicos dunha orquestra.

  2. s f
    1. Parte anterior da platea situada baixo a escena na que acostuman estar os músicos que cooperan na execución dun espectáculo teatral no teatro moderno.

    2. Espazo circular e non enlousado do teatro grego, situado entre a escena e a bancada e coa ara de Dióniso no centro, destinado ás danzas do coro.

  3. orquestra de cámara [MÚS ]

    Orquestra que conta cun reducido número de instrumentos.

  4. orquestra sinfónica [MÚS ]

    Conxunto de máis de 40 compoñentes formado por instrumentos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión, destinado á interpretación do repertorio sinfónico.

Formas incorrectas

orquesta