orientar

orientar

oriente

  1. v t

    Situar algunha cousa nunha dirección en relación aos puntos cardinais.

  2. v t

    Sinalar a alguén a dirección que debe seguir.

  3. v t

    Dirixir algo ou a alguén cun determinado fin.

  4. v t
    1. Dispor as velas de maneira que reciban o vento no ángulo máis vantaxoso para a propulsión.

    2. Determinar e marcar, nunha carta ou nun plano, a dirección N-S para coñecer a situación da nave respecto dos catro puntos cardinais.

  5. v pron

    Determinar a posición que alguén ocupa con respecto aos puntos cardinais ou a calquera outro punto de referencia.

Sinónimos

Citas

  • Aínda que esqueceu o compás, orientouse moi ben polas estrelas
  • Antes de facer o curso orientouse sobre o tema
  • O arquitecto orientou a casa cara ao leste para aproveitar máis o sol
  • O indíxena orientouno coas súas indicacións
  • Orientou o fillo desde pequeno cara á olaría
  • Orientou o mapa dunha maneira incorrecta e acabaron por perderse
  • Orientoume sobre as posibles ofertas de traballo
  • Orientouse ben na vida
  • Orientouse tan ben que deu co sitio
Conxugar
VERBO orientar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
oriento
orientas
orienta
orientamos
orientades
orientan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientaba
orientabas
orientaba
orientabamos
orientabades
orientaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientei
orientaches
orientou
orientamos
orientastes
orientaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientara
orientaras
orientara
orientaramos
orientarades
orientaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientarei
orientarás
orientará
orientaremos
orientaredes
orientarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientaría
orientarías
orientaría
orientariamos
orientariades
orientarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
oriente
orientes
oriente
orientemos
orientedes
orienten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientase
orientases
orientase
orientasemos
orientasedes
orientasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientar
orientares
orientar
orientarmos
orientardes
orientaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
orienta
-
-
orientade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
orientar
orientares
orientar
orientarmos
orientardes
orientaren
Xerundio orientando
Participio orientado
orientada
orientados
orientadas