orientación

orientación

orientar

Plural: orientacións
  1. s f
    1. Determinación da posición dunha persoa ou cousa con relación aos puntos cardinais.

    2. Determinación do lugar onde se atopa unha persoa ou cousa.

    3. Dirección que hai que seguir.

  2. s f [RELIX/ARQUIT ]

    Actitude relixiosa que consiste en orar en dirección á saída do sol ou ben de cara a algún santuario importante.

    1. s

      Consello, suxestión ou información que alguén dá sobre algo.

    2. orientación escolar [EDUC ]

      Proceso mediante o que se suxire e aconsella sobre as posibles solucións aos problemas polos que atravesa un alumno ou centro escolar.

    3. orientación profesional [SOCIOL ]

      Proceso polo que unha persoa ou institución aconsella a outra persoa sobre a elección da súa profesión.

Citas

  • Necesito da túa orientación para saber que carreira elixir
  • Ten moi mala orientación e sempre se perde