orgánico -ca
orgánico -ca
lat organĭcu
-
adx
-
Relativo ou pertencente a un órgano ou a un sistema de órganos dun ser vivo.
-
Que está formado por órganos.
-
[PAT ]
Aplícase ao trastorno provocado por unha alteración anatómica dun órgano, por oposición á funcional.
-
-
adx
-
Relativo ou pertencente aos seres organizados.
-
Que deriva dos seres organizados.
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos órganos constitucionais e lexislativos dun estado ou entidade.
-
adx
Relativo ou pertencente á química orgánica.
-
materia orgánica
[BIOL ]
Materia que procede dos seres vivos, tanto animais como vexetais, e que forma parte do solo, onde sofre fenómenos de descomposición polos que se transforma en humus.
-
arquitectura orgánica
[ARQUIT ]
Estilo arquitectónico que trata de organizar as partes dunha construción en consonancia co conxunto da obra e desta coa paisaxe e o contorno.