orella

orella

lat auricŭla

Plural: orellas
  1. s f [ANAT ]

    Estrutura propia do oído externo dos mamíferos, que serve para percibir cunha maior eficacia os sons. Está formada por tecido cartilaxinoso e conxuntivo, con forma de embude máis ou menos ovalado e coa superficie interna sucada de pregaduras que dirixen as ondas sonoras que rebotan contra elas cara ao orificio auditivo externo.

  2. s f [MAR ]

    Cada unha das dúas pezas que constitúen a boca dunha botavara ou dun pico.

  3. s f [ALIM ]

    Doce típico de Entroido, de forma semellante a unha orella, que se fai con fariña, ovos, azucre e anís.

  4. orella de abade/ de frade [PLANTA ]

    1 couselo.

Sinónimos

Frases feitas

  • Andar coas orellas gachas. Andar con medo ou avergo

  • Baixar as orellas. Ceder ou botarse atr

  • Verlle as orellas ao lobo. Ter un mal presentimento ou decatarse dun perigo inminente.