órbita

órbita

lat orbĭta ‘liña circular’

Plural: órbitas
  1. s f
    1. [ASTRON ]

      Traxectoria que describe un astro no espazo.

    2. [ASTRON ]

      Camiño percorrido por un enxeño espacial, cando é periódico e aparentemente pechado.

    3. [FÍS ]

      Traxectoria que describe unha partícula nun acelerador circular ou nos esquemas que representan a estrutura atómica.

  2. s f

    Medio onde se exerce unha actividade ou influencia.

  3. s f [ANAT ]

    Cada unha das dúas cavidades simétricas onde se aloxan os ollos.

  4. s f [MAT ]

    Conxunto de puntos que se obtén multiplicando un punto dun espazo dado e os elementos dun grupo que opera sobre ese espazo.