oración

oración

lat oratiōne

Plural: oracións
    1. s

      Pregaria ou súplica feita á divindade.

    2. s

      Forma litúrxica pronunciada polo sacerdote no nome da asemblea que acaba cunha cláusula que reclama o amén de todos.

    3. s

      Fórmula de pregaria elemental que adoita atoparse ao comezo do catecismo.

    4. s

      catecismo.

    5. oración dominical

      nosopai.

    6. oración dos fieis

      Pregaria por todas as necesidades da Igrexa e do mundo, feita no curso da celebración litúrxica.

    7. oración sobre as ofrendas

      Oración que di o celebrante despois do ofertorio e inmediatamente antes do prefacio, no rito romano.

  1. s f [LING ]

    Unidade mínima de comunicación completa, autónoma sintacticamente, que relaciona e concerta un suxeito cun predicado.

  2. s f

    Discurso pronunciado en público.

Refráns

  • Non coides que, por rezar, te has de salvar.
  • O que reza o rosario non. é mellor cristiano.
  • Quen con Deus queira falar, o corazón ten que abrir e os beizos ten que pechar.
  • Quen moito reza, dalgo se teme.
  • Tanto vale o responso cantado coma o rezado.
  • ¡Deus nos dea pan e paciencia e morte con penitencia!
  • ¡Deus nos libre e garde dos que non nos sabemos librar nin gardar!
  • ¡Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán!
  • ¡Deus perdoe aos defuntos e con saúde os enterremos!

Palabras veciñas

ora ora et ora serrata* oración oracional oracular oráculo