ondulatorio -ria
ondulatorio -ria
ondular
-
adx
Relativo ou pertencente á ondulación.
-
adx
Que se propaga por ondulación.
-
movemento ondulatorio
[FÍS ]
Perturbación progresiva que se propaga nun medio, a causa da variación periódica ou oscilación dunha magnitude física ao redor dun valor que se considera de referencia.
-
teoría ondulatoria
[FÍS ]
Teoría segundo a que os diversos fenómenos físicos de interacción e propagación enerxética ou material se explican asociando unha onda aos corpúsculos elementais que interveñen neles.