onda

onda

lat unda

Plural: ondas
  1. s f [XEOL ]

    Movemento oscilatorio das augas do mar en sentido ascendente e descendente.

  2. s f

    Porción elevada ou convexa dunha liña ou superficie que ten alternativas de elevación e depresión.

  3. s f

    Curva que se forma nalgunhas cousas flexibles.

  4. s f

    Aumento ou descenso de temperatura que dura algúns días.

    1. s [FÍS ]

      Forma de manifestarse un fenómeno periódico no espazo, no tempo ou nos dous á vez.

    2. onda asociada [FÍS ]

      Onda que se atribúe a unha partícula de masa m cando está dotada dunha velocidade v.

    3. onda curta [FÍS ]

      Onda electromagnética de lonxitude comprendida entre 10 e 15 m.

    4. onda de choque / [AERON/BÉL ]

      Rexión estreita, formada no seo do aire, que atravesa as liñas de corrente en que a velocidade varía subitamente e na que se presenta un forte incremento da entropía.

    5. onda electromagnética [FÍS ]

      Forma que, segundo a teoría ondulatoria, adopta a enerxía electromagnética na súa propagación.

    6. onda expansiva [BÉL ]

      Onda coa que se propaga unha detonación nunha masa gasosa. OBS: Tamén se denomina onda explosiva.

    7. onda gravitatoria [FÍS ]

      Tipo de onda que xorde das solucións da ecuación de Einstein do campo gravitatorio.

    8. onda hidromagnética [FÍS ]

      Perturbación electromagnética que se propaga dentro dun plasma cando a frecuencia do plasma é moito menor ca a frecuencia ciclotrónica dos ións positivos.

    9. onda longa [FÍS ]

      Onda electromagnética dunha lonxitude de mil metros ou máis.

    10. onda media [FÍS ]

      Onda electromagnética normal que presenta unha lonxitude de 200 a 550 m.

    11. onda radioeléctrica / [COMUN/TECNOL ]

      Onda electromagnética que se emprega en radiocomunicacións, e que adoita ter unha lonxitude de onda entre os milímetros e os quilómetros.

    12. onda retrógrada [BÉL ]

      Onda de choque que, ao producirse a explosión dun gas detonante, se propaga en sentido contrario á onda expansiva no seo de gases xa queimados, aos que volve luminiscentes ao provocar unha nova reacción química.

    13. onda sísmica [XEOG ]

      sismo.

    14. onda sonora [FÍS ]

      Forma de propagación do son nun medio.

  5. s f

    Grupo de cousas ou persoas que suceden ou veñen ao mesmo tempo.

  6. función de onda [FÍS ]

    Termo con que se coñece, en mecánica cuántica, tanto a onda asociada como a expresión matemática que a representa.

  7. número de onda [FÍS ]

    Constante característica dunha onda, definida como k = 2π/λ, sendo k o número de onda ou número de propagación, e λ a lonxitude de onda.

  8. vector de onda [FÍS ]

    ector K que, dada unha onda, ten unha dirección que en cada punto do espazo é a de propagación da onda nese punto, e un módulo que é o seu número de onda.

Sinónimos

Citas

  • Para a fin de semana que vén espérase unha onda de calor no noroeste peninsular
  • Unha onda de xente entraba no auditorio para ver o concerto

Frases feitas

  • Estar na onda. Comprender algo de maneira correcta.

  • Perder a onda. Desorientarse ou despistarse.

Formas incorrectas

ola