oclusión

oclusión

lat occlusĭōne

Plural: oclusións
  1. s f

    Acción e efecto de ocluír.

  2. s f [FISIOL ]

    Peche das marxes dunha abertura natural, como a dos beizos ou a das pálpebras.

  3. s f [LING ]

    Trazo articulatorio dalgunhas linguas que consiste nunha interrupción completa da corrente fónica nun punto calquera das cavidades supraglóticas e mesmo infraglóticas.

  4. s f
    1. [IND/QUÍM ]

      Fenómeno que consiste na disolución de gases en metais que orixina compostos intersticiais.

    2. [QUÍM ]

      Inclusión de anións ou catións estraños no seo dun precipitado a causa do crecemento demasiado rápido deste.

    3. [IND/QUÍM ]

      Burbulla ocluída que aparece na superficie sólida dunha peza metálica de fundición.

  5. s f [METEOR ]

    Mecanismo de elevación de aire quente que se converte nun ciclón.

    1. s

      obliteración.

    2. oclusión intestinal

      Interrupción do tránsito intestinal debido a un obstáculo mecánico.