nulo

nulo
Plural: nulos
  1. adx [DER ]

    Que non ten ningunha validez ou forma legal.

  2. adx

    Que non ten habilidade para facer algo.

  3. adx

    Que é reducido á nada e polo tanto deixa de existir.

  4. adx [DEP ]

    Aplícase á proba, exercicio ou intento que é declarado non válido.

  5. adx [DEP ]

    Aplícase ao combate de boxeo en que ningún dos boxeadores é declarado gañador.

  6. adx
    1. Que vale cero.

    2. Aplícase á matriz en que todos os elementos son cero.

    3. Aplícase á sucesión de números que teñen por límite cero.