nube

nube

lat nube

Plural: nubes
  1. s f
    1. [METEOR ]

      Agregado de diminutas gotas de auga ou de partículas de xeo suspendidas no aire, que se constitúe cando o aire atmosférico cargado de vapor de auga é arrefriado ata acadar o punto de rosada.

    2. Masa compacta de fume, polvo ou outro elemento semellante en forma de nube.

  2. s f

    Conxunto numeroso de persoas, animais ou cousas que están en movemento.

  3. s f

    Calquera cousa que nubra a vista, que ofusca a intelixencia ou que altera a serenidade.

    1. Conxunto de electróns que orbitan arredor do núcleo dun átomo.

    2. Conxunto de electróns que, nun tubo electrónico, se atopan arredor do cátodo incandescente e provocan a aparición dunha carga espacial.

  4. [ASTRON ]

    Concentración densa de gas e po interestelar.

  5. [FÍS ]

    Nube de partículas radioactivas que se forma tras a explosión dunha bomba nuclear.

Sinónimos

Citas

  • Comezou a chegar unha nube de xente e aí foi onde nos perdemos
  • Quedou sumido nunha nube de pensamentos

Frases feitas

  • Andar/estar nas nubes. Estar distra

  • Andar/estar polas nubes. Ser algo moi caro.

Refráns

  • Cando a serra se envolve na capa, non deixe-Ia túa casa.
  • Ceo apedrado, agro mollado.
  • Ceo de panza de burra, auga segura.
  • Ceo escamento, ou chuvia ou vento.
  • Ceo escamudo, vendaval duro.
  • Ceo lastrado, piso mollado.
  • Ceo ovellado, aos tres días mollado.
  • Corren as nubes para Ourense: sol que nos quente.
  • Día nubrado engana o ano.
  • Sol en nubes engarrado ten a chuvia ao seu lado.
  • Vale máis nubrado de agosto que sol de setembro.

Palabras veciñas

ñu nuba nubarrón nube nubécula nubeiro nubífero