novo
novo
Plural:
novos
-
adx
-
Que existe, apareceu ou se fixo hai pouco tempo ou por primeira vez.
-
Que é da última ou últimas colleitas.
-
-
adx
Que está desde hai pouco tempo nunha situación, lugar ou actividade. Tm s.
-
adx
Que se ve, oe ou aprende por primeira vez.
-
adx
-
Que ten pouca idade ou pouco tempo de vida.
-
Que presenta menos idade en relación a outro.
-
-
adx
Que está pouco usado ou pouco deteriorado polo uso.
-
adx
Que aparece con posterioridade a algo xa existente para substituílo.
-
s
m pl
Mocidade ou xente de menor idade.
-
[ECON ]
Instrumento financeiro da Comunidade Europea (1978) de empréstitos programados pola Comisión Europea para financiar proxectos que favorezan a converxencia económica dos estados membros e a súa integración.