novidade

novidade

lat novĭtāte

Plural: novidades
  1. s f

    Calidade de novo.

  2. s f
    1. Acontecemento recente ou a súa noticia.

    2. Acontecemento anormal que merece ser contado.

  3. s f

    Cousa nova.

  4. s f pl

    Mercadorías novas nunha actividade ou nun ámbito determinado.

Citas

  • A creación do parque foi unha novidade para a veciñanza
  • As últimas novidades sairán no xornal de mañá
  • Todo transcorreu sen novidade
  • Xa puxeron as últimas novidades no escaparate

Refráns

  • A novos feitos, novos consellos.
  • Cada día que amañece, cousas novas amañecen.
  • Cada día que amañece, novas cousas acontecen.
  • Cada día vense máis cousas novas que asemellan vellas.

Palabras veciñas

noventa novez noviciado novidade novilunar novilunio novío