noticia

noticia

lat notitĭa

Plural: noticias
  1. s f

    Información que se ten ou que se dá dalgunha cousa.

  2. s f

    Coñecemento sobre o estado ou situación dunha persoa ou dunha cousa da que hai algún tempo que non se sabe nada.

  3. [HIST/DER ]

    Indicación que se puña, do s XI ao s XII, ao dorso dun pergameo collendo nota dos datos necesarios para redactar unha escritura.

Citas

  • A noticia saltou a primeira hora do día
  • As últimas noticias elevaban a cifra de mortos no accidente a tres
  • Non teño noticias dela desde que deixamos a universidade