nota

nota

lat nota

  1. s f

    Indicación que se pon nun documento como aclaración, para advertir ao lector que consulte a anotación correspondente que atopará á marxe, ao pé da páxina ou á fin da obra ou de cada unha das súas divisións.

  2. s f

    Breve información escrita.

  3. s f

    Indicación esquemática que se recolle por escrito daquilo que se le, se escoita ou se observa.

  4. s f

    Factura global ou detallada de gastos.

  5. s f

    Cualificación que se dá por un exame ou avaliación.

  6. s f [MÚS ]

    Signo gráfico que serve para representar cada un dos sons dunha composición musical e a súa duración.

  7. s f [MÚS ]

    Cada un dos sons dunha composición musical.

  8. s f

    Sinal con que se distingue algunha cousa.

  9. s f [BIBLIOT ]

    Comentario aclarador do contido dun documento que o catalogador pon na ficha principal, a continuación da descrición bibliográfica.

  10. s f [DER ]

    Breve apuntamento formado sobre os recursos de casación civil por infracción da lei.

  11. s f [HIST/DER ]

    Asentamento das actas e contratos autorizados polos notarios do s XIII ao s XVIII, que estes rexistraban nos libros notariais.

  12. [DER ]

    Comunicación diplomática asinada que os axentes acreditados tramitan aos gobernos.

  13. [MÚS ]

    Nota equivocada que se produce por unha mala entoación ou por un erro dun ou de diversos intérpretes dunha peza musical.

  14. [DER ]

    Comunicación diplomática, sen sinatura que, a xeito de observación ou de recordo, se dirixen os ministros de Asuntos Exteriores e os axentes acreditados entre eles.

  15. [RELIX ]

    Características que permiten discernir a verdadeira Igrexa fundada por Xesús Cristo. Son tradicionalmente a apostolicidade, a unidade, a santidade e a catolicidade.

Sinónimos

Citas

  • A nota ao pé do escrito aclaraba perfectamente o significado daquela expresión
  • A nota do segundo exame impediulle aprobar
  • A nota simbólica do acto chegou cando plantaron unha árbore na honra do falecido
  • Deixeille unha nota avisándoa de que a chamaras
  • Ese rapaz é o que saca máis nota na clase
  • O alumno tomou nota das posibles preguntas do exame
  • O camareiro levoulles a nota inmediatamente
  • O meu veciño ten nota de lacazán no barrio
  • Púxenche unha nota para que souberas ata onde che imprimín o traballo

Frases feitas

  • Dar a nota. Destacar algo ou algu

  • Tomar nota. Reter algo na memoria para telo en conta no futuro.