nome

nome

lat nomĭne

Plural: nomes
    1. s

      Palabra ou grupo de palabras que representa unha persoa, un animal ou unha cousa en particular, ou como pertencente a unha determinada categoría. OBS: En gramática tamén se denomina nome común.

    2. nome científico [BIOL ]

      Nome latino dun taxon establecido segundo as normas da nomenclatura biolóxica.

    3. nome válido [BIOL ]

      Nome que se utiliza para unha especie que se axusta mellor aos criterios taxonómicos.

    4. nome vulgar [BIOL ]

      Nome popular que se lle dá a un xénero ou a unha especie na lingua do lugar onde se atopa.

    1. s

      Termo que designa de maneira individual unha persoa, animal ou cousa dentro da súa especie. OBS: En gramática tamén se denomina nome propio.

    2. nome de pía [RELIX ]

      Nome propio que se adoita impoñer en ocasión do bautizo.

  1. s m [LING ]

    Termo que, na gramática tradicional, designa o substantivo e o adxectivo. Máis estritamente, este termo estivo reservado para o substantivo.

  2. s m p ext

    Prestixio ou boa fama que unha persoa ten entre a xente.

Sinónimos

Citas

  • Ao congreso asistiron os principais nomes da cirurxía
  • Descoñecemos o nome da especie desta planta
  • Descoñezo o nome desa ferramenta.
  • Era un avogado con moito nome na cidade
  • O seu nome é Mario
  • Pon o nome da rúa no remite

Frases feitas

  • 1 En representaci

  • A nome de Dirixido a unha determinada persoa.

  • En/No nome de loc prep

  • Non ter nome. Ser unha cousa tan indignante que non se pode nomear.

  • 2 En atenci

Refráns

  • Chámanlle ao gancho cousa torta.
  • Dous Xans e un Pedro fan un home enteiro.
  • Non hai home sen nome nin nome sen renome.
  • Non hai mellor home có que corresponde ao nome.
  • Pouco gaña o home que fía no nome.