nivelación

nivelación

nivelar

Plural: nivelacións
  1. s f

    Acción e efecto de nivelar ou nivelarse.

    1. s

      Conxunto de operacións para atopar as diferenzas de altitude entre dous ou máis puntos do terreo con relación a un plano de referencia horizontal.

    2. nivelación barométrica

      Nivelación que fai referencia á altitude dos puntos que teñen distinta presión atmosférica.

    3. nivelación composta

      Nivelación que fai referencia a un mesmo plano de comparación, determinada utilizando dúas ou máis estacións.

    4. nivelación simple

      Nivelación que fai referencia a un mesmo plano de comparación, medida por medio dunha soa estación do aparato.

    5. nivelación trigonométrica

      Nivelación en que se dirixen visuais inclinadas ás miras colocadas nos puntos que se nivelan.

    6. nivelación xeométrica

      Nivelación en que se encontra a diferenza de altitude entre dous puntos dirixindo visuais horizontais ás miras colocadas nos puntos respectivos.

    7. parafuso de nivelación

      Parafuso de rosca fina e moi precisa que, nos aparatos topográficos, se emprega para pór horizontal un plano mediante o movemento da rosca, que varía a distancia entre o plano de soporte e o que se quere nivelar.

    8. placa de nivelación

      Cravo coa cabeza semiesférica e unha broca soldada de 9-10 cm de diámetro para que non se afunda na terra. Serve para sinalar puntos de bordos provisionais.

Palabras veciñas

nivación nival nivel nivelación nivelador niveladora nivelar