nicho

nicho

ital antigo nicchio

Plural: nichos
  1. s m
    1. Concavidade feita nun muro ou nunha construción, especialmente para colocar un cadáver en posición horizontal.

    2. Concavidade feita nun muro ou nun retablo para poñer unha estatua ou un floreiro.

  2. s m [MED ]

    Imaxe diverticular que é a expresión radiolóxica de moitas úlceras gástricas e duodenais.

  3. [ECOL ]

    Lugar que pode ser ocupado por individuos que pertencen a especies de esixencias alimentarias e abióticas semellantes na estrutura dunha biocenose.