nervio

nervio

lat v nerviu

Plural: nervios
  1. s m [ZOOL ]

    Cordón que pon en relación os centros nerviosos ou os ganglios periféricos coas diferentes partes do corpo e que segundo a súa constitución poden ser mielínicos ou amielínicos.

  2. s m

    Parte branca da carne que se corresponde cos tendóns dos animais.

  3. s m [PLANTA ]

    Plexo vascular que hai no limbo das follas e noutros órganos de natureza foliada.

  4. s m [ENTOM ]

    Formación típica das ás dos insectos pterigotos, de forma tubular e con paredes quitinosas.

  5. s m

    igor ou enerxía que caracteriza a unha persoa.

  6. s m pl

    Trastornos do sistema nervioso que producen a excitación física e mental dunha persoa.

    1. s

      Arco resaltado no intradorso dunha volta, para reforzala ou decorala.

    2. nervio de aresta

      Nervio que sinala a intersección de dúas voltas.

    3. nervio faixón

      Nervio que segue exactamente o perfil do intradorso dunha volta.

    4. nervio secundario

      Nervio que enlaza transversalmente os nervios principais ou os intermedios dunha volta.

  7. s m [GRÁF ]

    Cada unha das cordas dispostas do través no lombo dun libro, ás que se anoan os fíos dos pregos que o van encadernar.

  8. s m [MAR ]

    Cabos metálicos que van dun penol ao outro dunha verga e que serve para asegurar a envergadura das velas.