negro

negro
Plural: negros
  1. adx

    Que non presenta ningunha cor porque os corpos non emiten nin reciben ningunha radiación luminosa visible. Tm s m, referido a cor.

    1. adx

      Aplícase ao individuo do grupo melanodermo. Tm s.

    2. música negra [MÚS ]

      Música das razas melanodermas de África, das comunidades negras das Antillas e de EE UU.

  2. adx

    Que presenta unha cor máis escura dentro da súa especie.

  3. adx

    Que presenta sucidade.

  4. adx

    Que resulta extremadamente desgraciado.

  5. adx

    Que está fóra do control fiscal.

  6. adx

    Aplícase aos ritos e cerimonias de adoración do demo.

  7. s

    Persoa que fai traballos literarios para outro que diante do público se presenta como autor.

  8. s m [HIST ]

    Nome que os absolutistas lle deron aos liberais durante o reinado de Fernando VII, como resposta á denominación de servís que os absolutistas recibiran dos liberais.

    1. negro de acetileno

      Pos carbonosos que se empregan na superficie dos calefactores para disipar a electricidade estática.

    2. negro de anilina

      Colorante que resulta da oxidación da anilina.

    3. negro de fume

      Pos carbonosos de cor negra que se empregan en imprenta, pintura e tinturaría.

    4. negro de platino

      Platino finamente dividido que se emprega como catalizador na industria química.

    5. negro mineral

      Pigmento negro que se obtén por pulverización de lousas e xistos que conteñen carbón e que se emprega na fabricación de colorantes.

Palabras veciñas

negrito* negritude negrizo negro negroide negrón negror