navegación
navegación
lat navigatĭōne
-
s
f
Acción de navegar.
-
s
f
[MAR ]
Conxunto de técnicas que permiten determinar o punto onde se atopa unha nave e establecer o camiño que ten que seguir para trasladarse a calquera outro punto da superficie do mar, navegando coa máxima seguridade e o máximo aforro de tempo posibles.
-
[AERON ]
Conxunto de técnicas que permiten determinar as coordenadas de situación dunha aeronave respecto a un sistema de referencia situado sobre a superficie terrestre, independentemente doutras aeronaves, e establecer o rumbo que cómpre seguir para respectar a ruta e o destino escollidos.