natureza

natureza

natura

Plural: naturezas
    1. s [FILOS ]

      Conxunto da realidade tal como é, independentemente da intervención e da acción humanas.

    2. natureza morta [ARTE ]

      Xénero pictórico que ten como tema exclusivo obxectos inanimados de diversa índole.

    3. reinos da natureza [BIOL ]

      Cada un dos tres ámbitos ou maneiras de ser da realidade natural: mineral, vexetal e animal.

    1. s

      Conxunto de características que conforman a esencia dun ser.

    2. s

      Maneira de ser.

    3. s

      Conxunto de condicións físicas e morais do home.

    4. s [FILOS ]

      Principio constitutivo dunha cousa, aquilo en que consiste o fondo dun ser e que equivale á esencia, entendido nun sentido físico.

    5. s [BIOL ]

      Instinto ou tendencia natural dos animais.

    6. doutrina das dúas naturezas [RELIX ]

      Doutrina cristolóxica, oposta ao monofisismo, pola que, na persoa de Xesús Cristo, subsisten íntegras a natureza divina, propia do fillo de Deus, e a natureza humana.

    7. natureza humana [FILOS ]

      Conxunto de características consideradas como permanentes e comúns a todo ser humano, independentemente das diferenzas históricas, étnicas ou sociais.

    1. s

      Conxunto da realidade existente, entendido como a unidade e dotado de leis propias e contrapostas ao sobrenatural e transcendente.

    2. mundo da natureza

      Rexión do ser que, na filosofía kantiana, se caracteriza por determinacións espazo-temporais e por categorías, como a de causalidade, e onde impera a necesidade.

  1. s f [DER ]

    Feito de ser dun país ou unha nación determinados.

Sinónimos