natación

natación
Plural: natacións
  1. s f

    Acción ou efecto de nadar.

    1. s

      Conxunto de actividades deportivas relacionadas coa natación.

    2. natación sincronizada

      Conxunto de exhibicións acuáticas en que os participantes, soamente mulleres, executan unha serie de figuras con acompañamento musical.

  2. s f [ZOOL ]

    Calquera forma de locomoción no medio acuático.

Palabras veciñas

nastia nástico nata natación natal natalicio natalidade