nacer

nacer

lat nascĕre

  1. v i
    1. [FISIOL ]

      Saír un feto viable do claustro materno.

    2. [ZOOL ]

      Saír do ovo un animal ovíparo.

  2. v i
    1. Saír unha planta da semente ou da terra.

    2. Saír un brote ou unha flor nunha planta.

    3. Saír o pelo ou a pluma no corpo dun animal.

    4. Saír unha fonte ou unha corrente de auga dun sitio.

    5. Aparecer un astro no horizonte.

  3. v i

    Comezar algo a manifestarse.

  4. v i

    Aparecer ou pasar a existir algo.

Sinónimos

Citas

  • Aos poliños novos aínda non lles naceron moitas plumas
  • Entre as rochas nacía auga
  • Naceu para poeta
  • Naceu un novo xornal, O día que os presentei naceu o amor entre eles, Naceu dentro de min unha sospeita
  • Nacín o dezaseis de xaneiro
  • O Sol nace polo leste
  • Todos estes problemas nacen da súa soidade

Frases feitas

  • Nacer en mala hora. Non ter fortuna.

  • Non nacer onte. Non ser parvo ou inxenuo.

  • Volver a nacer. Salvarse dun perigo.

Palabras veciñas

nacemento nacente nacenza nacer nachikufiano nacho nacida
Conxugar
VERBO nacer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nazo
naces
nace
nacemos
nacedes
nacen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacía
nacías
nacía
naciamos
naciades
nacían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacín
naciches
naceu
nacemos
nacestes
naceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacera
naceras
nacera
naceramos
nacerades
naceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacerei
nacerás
nacerá
naceremos
naceredes
nacerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacería
nacerías
nacería
naceriamos
naceriades
nacerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
naza
nazas
naza
nazamos
nazades
nazan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacese
naceses
nacese
nacesemos
nacesedes
nacesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacer
naceres
nacer
nacermos
nacerdes
naceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
nace
-
-
nacede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacer
naceres
nacer
nacermos
nacerdes
naceren
Xerundio nacendo
Participio nacido/nado
nacida/nada
nacidos/nados
nacidas/nadas