muxe
muxe
lat mugĭle
-
s
m
[ANIMAL/ICT ]
Nome dado a diversas especies de peixes da familia dos muxílidos. Teñen o corpo alongado, a cabeza e a boca grandes e a cor adoita ser gris azulada. Son animais peláxicos, de hábitos gregarios e aliméntanse de detritus e pequenos organismos.
-
muxe común
[ANIMAL/ICT ]
Muxe cunha mancha escura na inserción das aletas pectorais. É o muxe que máis se interna nos ríos.
-
muxe negro
[ANIMAL/ICT ]
Muxe de cor máis escura ca os outros. É moi habitual observalo en peiraos, onde se alimenta dos detritus que se atopan na lama.
-
muxe saltón
[ANIMAL/ICT ]
Muxe cunha mancha dourada sobre os opérculos. Cotízase máis ca os outros debido á súa menor afluencia a lugares contaminados.