música

música

lat musica gr μουσικ ή

Plural: músicas
  1. s f
    1. Arte de combinar harmoniosamente os sons, segundo unhas regras preestablecidas.

    2. Conxunto de composicións musicais.

    3. Obra que se compón combinando os sons melodicamente, e que xeralmente se acompaña de texto.

  2. s f

    Conxunto de sons harmoniosos producidos por algo.

  3. s f

    Conxunto de instrumentistas que tocan xuntos.

  4. música de cámara

    Música vocal ou instrumental escrita para ser interpretada nun salón ou cámara por un grupo reducido de intérpretes, que varía de tres a oito.

Citas

  • A música xa está a tocar no campo da festa
  • Compón a música e a letra das súas cancións
  • Escoitaba a música dos paxaros
  • Interesouse pola música barroca

Refráns

  • Día de Corpus, miña comadre, ándalle o touporroutou pola "calle".
  • Día de Corpus, miña comadre, pásalle o touporroutou pola "calle".
  • O escudeiro, cando non ten que comer, colle a viola e ponse a tanxer.