muscicápido -da
muscicápido -da
lat científico Muscicapa
-
adx
Relativo ou pertencente aos muscicápidos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave da familia dos muscicápidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT ]
Familia de aves, da orde dos paseriformes, que teñen o bico ancho na base, un pouco aplanado, co extremo superior lixeiramente ganchudo e circundado de vibrisas. Son de patas curtas, con dedos febles e a parte anterior dos tarsos escamosa. Aliméntanse de insectos que cazan lanzándose ao aire desde un pousadoiro.