muro
muro
lat muru
-
-
s
Parede grosa que soporta o peso dun edificio ou que limita verticalmente o interior.
-
muro cortina
Parede que constitúe, nos edificios feitos de ferro e formigón armado, unha especie de cortina exterior que disimula os elementos estruturais do edificio.
-
muro de contención
Muro destinado a soportar o empuxe das terras dun terraplén.
-
muro de revestimento
Muro que cobre un terraplén ou protexe contra a erosión un noiro de terra.
-
muro frontal
Parede dunha volta que cerra os extremos.
-
muro pantalla
Muro que protexe contra o empuxe ocasional das augas ou do vento.
-
s
-
s
m
[XEOL ]
Parte inferior dun estrato no seu estado orixinario.
-
muro das lamentacións
[RELIX/HIST ]
Muralla de pedras grosas, resto dos muros do antigo templo de Salomón, en Xerusalén, onde os venres se reúnen os xudeus para chorar pola destrución de Xerusalén, seguindo un costume que se remonta ao s I.