multiplicidade

multiplicidade

lat multiplicĭtāte

Plural: multiplicidades
  1. s f

    Calidade de múltiple.

  2. s f

    Existencia dun gran número de cousas da mesma especie.

  3. s f [MAT ]

    Dimensión do subespazo vectorial de E, dado un valor propio a dun operador lineal A dun espazo vectorial E, formado polos vectores propios de A que teñen a por valor propio.

  4. s f [FÍS ]

    dexeneración.

  5. orde de multiplicidade [MAT ]

    Nun punto múltiple dunha curva, número de veces que a curva pasa por ese punto.

Citas

  • A rexión destaca pola multiplicidade de especies botánicas endémicas