mucina

mucina

muci- + -ina

Plural: mucinas
s f [BIOQ ]

Substancia semilíquida, transparente, hialina e precipitable para o alcohol e o ácido acético, que está constituída por unha mestura de mucoproteínas e mucopolisacáridos, que se atopan en diferentes animais, nas glándulas salivares, nas mucosas, no tecido conxuntivo e noutros órganos de carácter embrionario, no ser humano e nos mamíferos.