mosquito

mosquito

mosca

Plural: mosquitos
    1. s

      Nome dado a diferentes insectos dípteros, da familia dos culícidos e semellantes.

    2. mosquito anófele

      Insecto díptero, do xénero Anopheles, da familia dos culícidos. Habitan nas augas quedas, doces ou salobres. Os adultos machos nútrense de sucos vexetais; as femias son hematófagas e son os axentes vectores do paludismo no home e noutros vertebrados. Son abundantes en climas cálidos e húmidos.

    3. mosquito cúlex

      Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnívoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.

  1. s m [ANIMAL/ENTOM ]

    Nome que reciben moitos insectos da suborde dos nematóceros.

  2. mosquito verde [ANIMAL/ENTOM ]

    Nome que reciben diversos insectos da familia dos tiflocídidos. Son de pequeno tamaño e parasitos de cultivos.