moral

moral

lat morāle

Plural: morais
    1. adx

      Que se refire aos costumes, aos actos e aos pensamentos humanos respecto da súa bondade ou maldade.

    2. filosofía moral [FILOS ]

      ética.

  1. adx

    Que se comporta segundo os principios da moral e os sentimentos.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao espiritual, por oposición ao material.

  3. s f

    Comportamento, acción ou obriga que responde ao que é moral.

  4. s f p ext

    Ánimo, capacidade de se manter firme na actitude que se considera máis propia e digna.

  5. s f [FILOS ]

    Ciencia que determina a rectitude e o sentido do comportamento humano segundo uns principios normativos dos que derivan uns deberes e unhas obrigas.

  6. s f

    Lección de conduta que se desprende dunha fábula, dunha narración ou de calquera outro escrito con intención didáctica.

Citas

  • A moral da xente minguou con tanta fraude
  • Non ten forza moral para seguir loitando coa enfermidade
  • Publicou un libro de poesía moral
  • Sempre mostra unha conduta moral, debido á súa educación
  • Ten a certeza moral de que é inocente
  • Viuse no deber moral de axudalo