anisotropía

anisotropía

anisótropo

Plural: anisotropías
  1. s f [FÍS ]

    Fenómeno que presentan certas substancias en que, polo menos unha das propiedades físicas, varía segundo a dirección, xa que as moléculas e os ións non están dispostos de forma idéntica en todas as direccións.

  2. anisotropía do óvulo [BIOL ]

    Distribución desigual das substancias integrantes do óvulo.

  3. anisotropía magnética [QUÍM/FÍS ]

    Fenómeno de variación da susceptibilidade magnética coa dirección que presentan moitas substancias cristalinas.