monstro

monstro

lat monstru

Plural: monstros
  1. s m
    1. [MIT ]

      Ser fabuloso ou real que presenta unha conformación contraria á orde natural.

    2. Ser de tamaño extraordinario.

    3. Persoa, animal ou cousa de extrema fealdade.

  2. s m [PAT ]

    Feto, persoa ou animal de conformación contraria á da orde regular da natureza.

  3. s m

    Persoa de extrema crueldade e perversidade.

  4. s m

    Persoa que sobresae nunha determinada actividade.

  5. monstro de Gila [ANIMAL ]

    Réptil escamudo, da familia dos helodermátidos, co corpo negro con manchas laranxas e amareladas. É un saurio velenoso, que se alimenta de ovos doutros animais e que presenta costumes nocturnos polo que na época de máximo calor cae en letargo.