monopolio

monopolio

lat monopolĭu gr μονοπώλιον

Plural: monopolios
    1. s [ECON ]

      Forma de mercado na que a oferta se concentra nas mans dun só oferente e a demanda está atomizada. Denomínase monopolio de demanda ou monopsonio cando o mercado está caracterizado pola existencia dunha demanda e moitos oferentes.

    2. monopolio señorial [HIST ]

      Monopolio que posuía o señor feudal para a creación de establecementos e a explotación de servizos de interese común.

  1. s m

    Grande empresa que impón esta forma de mercado.

  2. s m p ext

    Dereito exclusivo dalgunha cousa.

Citas

  • A miña compañeira pensa que ten o monopolio da sabedoría