moher

moher

ingl mohair

Plural: moheres
  1. s m

    Pelo longo da cabra de Angora. É brillante, sedoso e xeralmente dun branco puro, aínda que hai unha variedade de cor tostada. Emprégase como fibra téxtil na fabricación de peluxe, imitacións de pel ou fíos de fantasía.

  2. s m

    Roupa feita con pelo ou fibra moher.