modus vivendi*

modus vivendi*
  1. [DER ]

    Expresión que ten como significado ‘maneira de vivir’, e que se emprega para indicar unha acomodación ou un arranxo individual ou entre diversas partes. En dereito civil significa unha transacción entre dúas partes contrarias, e en dereito internacional, un réxime establecido entre dous estados co fin de conciliar os seus intereses contrapostos.

  2. Medio co que unha persoa gaña a vida.

Palabras veciñas

módulo modulor modus operandi* modus vivendi* modus* moeda moedaxe