modernismo

modernismo

moderno

Plural: modernismos
  1. s m

    Calidade de moderno.

  2. s m

    Afección excesiva ás tendencias ou aos gustos modernos.

  3. s m [ARTE/LIT ]

    Movemento cultural que se produciu en Occidente a finais do s XIX e comezos do s XX, e que se caracterizou polo predominio da curva sobre a recta, a riqueza e o detallismo da decoración, o uso frecuente de motivos vexetais, o gusto pola asimetría, a estética refinada e o dinamismo das formas. No aspecto literario, aplícase especialmente ás literaturas castelá e catalá.

  4. s m [HIST/RELIX ]

    Movemento relixioso de finais do s XIX e comezos do s XX, que pretendeu conseguir unha interpretación e acomodación das crenzas e das doutrinas tradicionais aos novos tempos.