mocidade

mocidade

mozo

Plural: mocidades
  1. s f

    Parte da vida dunha persoa entre a infancia e a madurez.

  2. s f

    Conxunto de xente moza.

Citas

  • A mocidade de hoxe non é como a de antes
  • Eu pasei moita fame durante a miña mocidade

Refráns

  • A mocidade é a mellar idade.
  • A mocidade folgada trae a vellez arrastrada.
  • A mocidade moi folgada trae a vellez arrastrada.
  • Mocidade ben pasada, vellez larga e descansada.
  • Na mocidade e na roupa rachada todo engarra.
  • Se a mocidade soubera e a vellez poidera ¡canto máis non se fixera!
  • Se o mozo soubese e o vello puidese, non habería causa que non se fixese.
  • Sírvete do mancebo e aconséllate ca vello.
  • Xente nova e leña verde, todo se volve fume.
  • ¡Gárdate, nena, do mozo cando lle apunta o bozo!

Palabras veciñas

mochica* mochila mocho -cha mocidade moción moco mocoso -sa