mobilidade

mobilidade

lat mobilitate

Plural: mobilidades
  1. s f

    Calidade do que se move ou pode moverse con facilidade.

  2. s f

    Carácter daquilo que cambia con facilidade.

  3. s f [ECON ]

    Característica dos factores de produción que define a súa facilidade para ser aplicados indistintamente a procesos de produción alternativos ou para ser trasladados espacialmente.

  4. s f [FÍS ]

    Coeficiente de proporcionalidade μ entre a velocidade v dunha partícula sometida a un campo de forzas e a intensidade E do campo, de maneira que v = μE.

  5. grao de mobilidade [FÍS/IND ]

    Suma do número de velocidades e de direccións do movemento que se poden asignar libremente ás articulacións nunha estrutura de barras articuladas, e que determinan todas as demais condicións de movemento da estrutura.

  6. mobilidade social [SOCIOL ]

    Calidade dos individuos, familias ou grupos sociais pola que estes pasan dunha posición social a outra.

Citas

  • A mobilidade do seu carácter é propia da súa idade
  • É un xogador que se carateriza pola súa mobilidade