mito

mito

gr μ ῦ ϴ οV

Plural: mitos
  1. s m

    Dito ou narración fabulosa e contraposta a calquera tipo de formulación razoable e demostrada, que se usa para reflectir conviccións filosóficas, cosmovisionais ou relixiosas.

  2. s m
    1. Narración fabulosa inventada.

    2. Idea, figura, presentada como intocable, absoluta.

  3. mito da caverna [FILOS ]

    Alegoría en que a condición humana se compara coa dun prisioneiro nunha caverna, que non pode mirar as cousas reais, só as sombras proxectadas na parede que para el son a realidade (Platón, República). Constitúe o punto de partida que o leva á idea de que a educación debe orientar aos seres humanos a contemplar a verdadeira realidade.