animal

animal

lat animāle

Plural: animais
    1. s

      Ser vivo eucariótico, pluricelular e heterótrofo por inxestión. Adoitan ter un aparato locomotor e un plexo ou sistema nervioso. Os animais presentan unha gran complexidade de tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e as súas células son moi diferentes en cada caso.

    2. reino animal

      Un dos reinos en que se clasifican os seres vivos.

  1. s m

    Calquera dos outros animais, en oposición ao ser humano.

  2. adx

    Relativo ou pertencente aos animais.

  3. adx

    Que se comporta de maneira groseira, ruda, intratable ou que actúa con pouco raciocinio. Tm s.

    1. animal irracional

      Calquera animal non humano.

    2. animal racional

      Especie humana, en contraposición a animal irracional.

Citas

  • A graxa animal é unha substancia prexudicial para a saúde, O seu instinto animal levouno a defender os seus lobetos
  • Na selva amazónica viven moitos animais salvaxes
  • Se trata así á xente é que está feito un animal