misión

misión

lat missĭōne ‘envío’

Plural: misións
  1. s f
    1. Obra que se encarga a alguén para que a cumpra.

    2. Función que realiza unha persoa ou cousa.

  2. s f

    Grupo de persoas que se despraza a un lugar para realizar un traballo determinado.

    1. s

      Envío de sacerdotes e misioneiros, xeralmente a novas terras, para propagar unha doutrina relixiosa.

    2. s

      Acción creadora e histórico-salvífica, na doutrina trinitaria, da segunda e a terceira persoa da Trindade no sentido de que o Pai envía ao Fillo e ao Espírito Santo coa palabra de Deus e como principio de vida nova para os homes.

    3. santa misión

      Serie continuada de prédicas, leccións doutrinais e exercicios piadosos que fan durante algúns días nunha parroquia ou localidade un ou varios sacerdotes.

    1. s

      Encargo particular que fai o Estado a algún organismo civil ou privado.

    2. misión diplomática [DER ]

      Conxunto de persoas enviadas por un goberno a outro ante o que son acreditadas diplomaticamente.