misericordia

misericordia

lat misericordĭa

Plural: misericordias
    1. s

      Profunda piedade ou compaixón que impulsa a perdoar e a socorrer.

    2. obra de misericordia [RELIX ]

      Cada unha das boas obras que teñen por obxecto axudar ao próximo.

  1. s f [RELIX ]

    Asento pequeno fixado á parte inferior das cadeiras abatibles dun coro monástico ou canónico que permite apoiarse ao tempo que se está dereito.

  2. s f [BEL ]

    Puñal pequeno co que antigamente se loitaba e se daba o golpe de graza ao adversario caído.