mira

mira

mirar

Plural: miras
  1. s f [FÍS ]

    Peza que forma parte dun instrumento óptico e que serve para dirixir unha visual.

  2. s f
    1. Acción de dirixir a mirada cara a aquilo que se quere tocar ou conseguir.

    2. Intención ou obxectivo que se pretende alcanzar.

  3. s f
    1. [METROL ]

      Regra graduada, de 4 m de lonxitude, que se coloca verticalmente nos puntos do terreo que se queren nivelar para ver o nivel ou para ler ángulos ou distancias.

    2. Sinal cara ao que o observador dirixe unha visual ao alzar un plano, ou ao facer unha nivelación ou unha medida.

  4. punto de mira [BÉL ]

    Pequena prominencia metálica que se atopa fixada no cabo das armas de fogo para asegurar a puntaría.

Citas

  • Botoulle unha mira á bicicleta cando pasou por diante da tenda
  • Non sabemos cáles son as súas miras con respecto a isto

Frases feitas

  • Con miras a. Con intenci

Palabras veciñas

miquelete mir* mīr* mira mirabilita miracidio mirada