minoría

minoría

lat minor ‘menor’ + -ía

Plural: minorías
  1. s f
    1. Parte menos numerosa dun conxunto.

    2. Parte máis pequena dos votos emitidos nunha votación.

    1. s

      Conxunto de votantes que están en inferioridade numérica nunha asemblea ou parlamento.

    2. minoría nacional

      Sector da poboación dun estado que difire do sector numericamente maioritario ou dominante.

    3. minoría parlamentaria

      Conxunto de grupos de deputados que forman a oposición e que poden estar unidos por certas afinidades.

    1. minoría de idade

      minoridade.

    2. s

      Tempo que dura a condición do menor de idade.

Citas

  • Aprobouse a proposta porque só había unha minoría que non estaba de acordo
  • Nas últimas eleccións houbo unha minoría de votos en branco
  • Nesta clase os estranxeiros son unha minoría